xoves, 23 de febreiro de 2017

#RosalíaTe


Aí vos vai a celebración do noso Día de Rosalía de Castro 2017.
Agardamos que vos guste!!


mércores, 22 de febreiro de 2017

MANDADIÑO PARA O XOVES

Aí imos co seguinte mandadiño do Meco, esta vez feito dende a escola e na lembranza de Rosalía de Castro. O día 24 de febreiro é o Día de Rosalía, como xa vos informamos, mañá día 23 levaremos unha CARAUTA de Rosalía, faremos uns retratos das nosas aulas e...o día 24 colgarémolo no blogue co lema #RosalíaTe.


 

martes, 21 de febreiro de 2017

MANDADIÑO DO MECO PARA O MÉRCORES

O Meco coas súas falcatruadas volta cunha nova orde, así que para o teu PESCOZO adornar algo divertido o mércores traerás. Agardamos vervos a todas e todos con gravatas, lazos, fitas ou panos no pescozo, a ver quen é o máis fermosoooo!



Mirade que guapiñas e guapiños ían os pícariños da nosa escola esta mañá, vaia entroidada!!!
Cantas ganiñas de que chegue o venres, o día grande na festa do Entroido no noso cole, na que grandes tribos africanas veremos.


luns, 20 de febreiro de 2017

#RosalíaTe

Preparándonos para o día de Rosalía de Castro, ide rematando as vosas carautas para Rosaliarnos co lema deste ano #RosalíaTe. 
Podedes consultar máis información premendo AQUÍ




Lembrámosvos que o día 24 de febreiro farase unha lectura pública da obra de Rosalía de Castro na Biblioteca Munucipal ÁGORA ás 19:00.



 

O Día de Rosalía agasalla un libro en galego e unha flor.

MANDADIÑO DO MECO PARA O MARTES

O Meco deste ano é un pouco trasno, polo que para mañá martes quere que levemos o  PUCHIÑO  de hoxe e unhas  LENTES  nos ollos...para non quedar birollos.


sábado, 18 de febreiro de 2017

ENTROIDO

Bueno... xa case está aquí o Entroido, tan só nos queda unha semaniña, así que imos ir comezando xa a prepararnos para o divertimento.
Este venres, como cada ano, chegou ao colexio o Meco cos seus mandadiños. Estade moi atentos/as porque cada día da semana iremos publicando o mandadiño que nos trae.
Non esquezades o mandadiño para o luns: todos e todas con un PUCHIÑO. Xa estou  devecendo por ver o guapos e guapas que ides vir todos/as!!!!





PRESENTACIÓN

Ola a todas e a todos e benvidas/os ao blogue do Equipo de Dinamización da Lingua Galega do CEIP Raquel Camacho. Coa posta en marcha deste blogue queremos compartir con todos vostedes as actividades que imos realizando día a día no Centro cos nosos alumnos e alumnas, así como distintas informacións e novas que vaian xurdindo. Agardamos que disfruten do contido que aquí se irá publicando e animámolos a participar deixando os seus comentarios.